A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o 22 de setembro
Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e serán “fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente”
Destacou que en tan só un mes están en contratación as obras para 116 vivendas públicas en Ferrol, mobilizando un orzamento de 21M€, pois o mes pasado se licitaron outros 58 fogares no Bertón por 10,7M€
Supervisou o avance das obras doutras dúas promocións de 48 vivendas neste barrio do Bertón, que serán unha realidade no ano 2027
Lembrou que en Ferrol están en marcha 353 vivendas públicas en diversas fases de execución
