Allegue anuncia que a Xunta xa abonou os 2M€ das axudas concedidas e avanza que dos outros 2M€ en que se ampliará o crédito, 1,7M€ destinaranse ás achegas para compra de vivenda protexida e 280.000 ás dirixidas á adquisición en centros históricos
En Galicia concedéronse un total de 129 achegas para compra de vivenda protexida, das que 29 outorgáronse no concello de Pontevedra, mentres que no caso das de compra en centros históricos foron 59 concesións, 15 na provincia pontevedresa
A ampliación do crédito farase efectiva neste mes de xullo e o prazo para solicitar as axudas está aberto ata o 15 de outubro
