O inmoble rehabilitado sitúase na rúa Pinche e o adxudicatario abonará un alugueiro mensual de 177,7€
A conselleira destacou que con esta adxudicación, a Administración autonómica xa ten entregado un total de vinte vivendas en Betanzos froito da rehabilitación de 15 inmobles adquiridos co Plan Rexurbe, cun investimento de case 5M€
Allegue pon en valor as rehabilitacións ao abeiro deste programa da Xunta que arrancou en Betanzos e que ademais de facilitar nova vivenda, busca promover a revitalización dos centros históricos
