A Xunta licita por 2,4 M€ as obras de construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, que se ofrecerán en compra

A Xunta licita por 2,4 M€ as obras de construción de 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas, que se ofrecerán en compra

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 30 de outubro e, unha vez adxudicadas, as obras terán un prazo de execución de 19 meses

A promoción, impulsada pola Xunta nun solo cedido gratuitamente polo Concello, contará con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, todas destinadas á venda

Allegue subliña que o 30% das futuras vivendas reservarase para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo, e o 25% para menores de 36 anos

Pon en valor o exemplo de San Cibrao das Viñas, un dos 17 concellos que cederon gratuitamente solo para vivenda pública, e a necesidade de seguir avanzando no traballo conxunto das administracións e a cooperación do sector privado