Este novo edificio é o máis grande dos que se están a construír actualmente en Navia, supón un investimento de 37,2 M€ e contará con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios
A Xunta ten xa licitadas todas as obras de vivenda pública no polígono 2, e conta con dez promocións en obra no polígono 1, e outra pendente de iniciarse
Allegue subliña a incorporación das técnicas industrializadas nesta promoción, no marco da aposta da Xunta de axilizar tempos e favorecer a actividade das empresas galegas especializadas neste tipo de solucións construtivas
Pon en valor o compromiso da Xunta de facilitar que máis familias poidan acceder ás vivendas públicas, a través do incremento dos limiares de renda
