A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, destacou que o I Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025 acadou unha execución próxima ao 98% e salienta os 2.000 M€ previstos no novo Pacto 2026-2030
Subliña que o novo Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 permitirá “seguir avanzando no reto da vivenda dunha maneira planificada e con ambición de mellorar o acceso á vivenda do maior número de persoas”
Na sesión do Observatorio de Vivenda de Galicia déronse conta das convocatorias de axudas que se realizarán en 2026 no marco do Plan de Vivenda 2026-2030, financiado pola Xunta nun 40%, e que complementarán ás axudas propias da Administración autonómica
Allegue volveu cuestionar a insuficiencia dos fondos do Plan Estatal e lamentou o atraso na súa aprobación
