A Xunta inicia as obras doutra promoción de 48 vivendas de promoción pública en Pontevedra, das que o 30% se destinará a compra para persoas entre 36 e 45 anos con fillos ou dependentes ao seu cargo

A Xunta inicia as obras doutra promoción de 48 vivendas de promoción pública en Pontevedra, das que o 30% se destinará a compra para persoas entre 36 e 45 anos con fillos ou dependentes ao seu cargo

Trátase dun inmoble, de baixo e 6 alturas, con vivendas exteriores de 2, 3 e 4 dormitorios que coidan especialmente a eficiencia enerxética

O investimento acada 9,5M€ para estes fogares

A conselleira subliña a aposta da Xunta para a promoción de vivenda pública en Pontevedra, con máis de 300 fogares en marcha