A actuación permitirá renovar 2,4 quilómetros desta estrada e crear un itinerario peonil continuo e accesible, novas beirarrúas e unha glorieta na conexión coa N-VI
O Goberno galego prevé iniciar os traballos no primeiro semestre de 2027, cun prazo de execución de 12 meses
O proxecto incorporou achegas da veciñanza, do centro asistencial Pai Menni e de Stop Accidentes
As empresas dispoñen de prazo ata o próximo 17 de decembro para presentar as ofertas
