A Xunta publica hoxe no DOG as bases para solicitar o Bono Emancípate a partir da vindeira semana

Os menores de 36 anos, cunha fonte regular de ingresos, poderán cubrir o formulario na sede electrónica do Goberno galego desde o 6 de febreiro ata o 30 de abril

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha esta liña de apoio para sufragar os primeiros gastos do fogar, como a compra de mobiliario e outros artigos

Entre os requisitos a cumprir terase en conta o nivel de renda, se existen persoas con algunha discapacidade e se se trata de unidades de convivencia