O delegado territorial explicou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar nas vivendas e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns
Manuel Pardo lembrou que as persoas adxudicatarias pagarán unha renda mensual que non excede dos 100 euros
O representante do Goberno galego subliñou que as axudas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal que promove a Xunta teñen como obxectivo seguir incrementando o parque residencial á disposición dos colectivos máis vulnerables con alugueiros a prezos accesibles