A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica os contratos para a redacción de proxectos de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica os contratos para a redacción de proxectos de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo

A conselleira María M. Allegue presidiu hoxe o consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que acordou adxudicar en Ferrol a redacción dos proxectos de 124 vivendas, en dous grupos de 75 e 49

En Vigo son 43 vivendas as incluídas no contrato de redacción do proxecto

O consello tamén autorizou a convocatoria dun proceso selectivo por concurso-oposición para a cobertura dos postos de 4 arquitectos, 2 técnicos xurídicos e 2 administrativos para completar o cadro de persoal, que contará con 26 persoas