A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3M€

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3M€

O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano

Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nunha zona máis accesible e sostible, incrementando notablemente o espazo para uso peonil

O proxecto inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación

A conselleira lembrou outras actuación neste municipio, como a humanización da contorna de San Eleuterio, ao abeiro do Plan Hurbe

Avanzou a adxudicación das obras das 20 vivendas públicas que a Xunta vai construír en San Eleuterio, cuxo remate se prevé vindeiro ano