A Xunta licita por máis dun millón de euros un inmoble do século XIX  do centro histórico de Tui que albergará tres novas vivendas para alugueiro para menores de 36 anos

A Xunta licita por máis dun millón de euros un inmoble do século XIX do centro histórico de Tui que albergará tres novas vivendas para alugueiro para menores de 36 anos

M. Allegue puxo en valor o inmoble, do século XIX, no que a Xunta investirá preto de 1,2M€, dos que a Xunta aporta máis de 1M€ e 150.000€ son fondos europeos, que se destinará a alugueiro accesible para menores de 36 anos

Esta actuación forma parte da licitación das obras de rehabilitación de 8 edificios en Tui, Viveiro, Ourense, Ribadavia e A Coruña, cun investimento de máis de 8,23M€, dos que 793.389€ corresponden a fondos europeos

Allegue animou ao sector a participar e presentar ofertas ata o 6 de marzo

A Xunta está a rehabilitar 4 inmobles en total na localidade, que se atopan en diferentes estados de licitación

A conselleira anunciou a sinatura do convenio co concello de Tui para impulsar a o Centro de rexeneración urbana de interese autonómico municipal, que xestionará as actuacións da Área Rexurbe da localidade