Allegue cualifica de exemplar o traballo da Veiga en materia de vivenda, modelo de cooperación entre a Xunta e a administración local

Allegue destaca o papel das pequenas corporacións do rural galego, que “grazas a esforzo e tenacidade”, marcan a diferencia para a veciñanza

A Xunta fixo un investimento de preto de 700.000 € ao longo dos últimos anos en A Veiga a través da liña de achegas destinadas á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal, co que se acadaron 17 vivendas para alugueiro accesible

A conselleira destacou o esforzo do Concello da Veiga por recuperar antigas vivendas de mestres a través destas axudas, tras visitar varios inmobles en Castromarigo e Castromao