A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, subliñou no Parlamento que nestes anos aprobáronse 87 planes xerais de ordenación municipal e 5 plans básicos municipais, de xeito que se pasou de 32 concellos con planeamento a un total de 124
O incremento supón, como destacou Rivas, que se aprobou practicamente un instrumento de planeamento xeral cada dous meses
En total, a superficie ordenada en Galicia pasou desde 2009 de supoñer un 10% a un 40% do total da comunidade, e beneficia xa a 1,3 millóns de habitantes, a metade da poboación
A Xunta avanza no compromiso de “garantir un territorio ordenado, que trace o futuro de Galicia con criterio e garantías”, segundo destacou a directora xeral