A Xunta concedeu xa 357 axudas para facilitar a adquisición de vivenda, por un importe de 3,3M€

A Xunta concedeu xa 357 axudas para facilitar a adquisición de vivenda, por un importe de 3,3M€

A conselleira salienta a boa acollida desta axuda, que a 4 meses de que se remate a convocatoria, xa case esgotou crédito que ascende a 3,8 M€

A titular de Vivenda e Infraestruturas puxo en valor que A Coruña é a cidade onde máis concesións se fixeron da liña para compra de vivenda protexida con 78 adxudicacións, de 80 en toda Galicia, ás que se suman 4 máis da modalidade de fogares en centros históricos na cidade herculina, sumando un total de preto de 1M€

Detallou que con estas achegas 236 mozos menores de 36 anos tamén acadaron axudas á compra en concellos de menos de 10.000 habitantes, sumando un importe de 1,85M€, e 41 persoas, sumando un investimento de máis de 420.000€, beneficiáronse da modalidade de adquisición en centros históricos