Allegue sinalou que a Xunta ten en marcha a metade das 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura para acadar o reto de duplicar o parque público residencial ata as 8.000
Remarcou que Galicia é pioneira en habilitar solo onde poder construír vivenda, ao abeiro da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada pola Xunta
Puxo en valor as medidas da Xunta para brindar aos galegos máis oportunidades para acadar fogares dignos, de calidade e a prezos accesibles
Avanzou a publicación mañá no DOG da convocatoria do programa Fogar Vivo, con incentivos para que os propietarios reformen as vivendas e as poñan en alugueiro accesible
Allegue detallou que esta iniciativa tamén incluirá o financiamento de seguros multirrisco e de impago para os propietarios
Destacou que a Xunta aposta pola dinamización do mercado de alugueiro, construíndo vivendas neste réxime e reservando polo menos o 40% a menores de 36 anos, así como o 25% para venda