A conselleira M. Allegue destaca o éxito da liña de axudas da Xunta para a compra de vivenda en conxuntos históricos, que beneficiará este ano a máis de 80 persoas cun investimento de 800.000€

A conselleira M. Allegue destaca o éxito da liña de axudas da Xunta para a compra de vivenda en conxuntos históricos, que beneficiará este ano a máis de 80 persoas cun investimento de 800.000€

A Xunta impulsa varias liñas de axuda para favorecer a compra de vivenda nestas zonas, que no caso de menores de 36 pode chegar aos 12.800 euros, e son compatibles co Aval Mozo, que cobre o 20 % do importe da compra

Desde a posta en marcha destas axudas en casco histórico concedéronse 313 axudas de apoio á compra de vivenda, achegas  que se engaden a outras liñas de apoio á compra de vivenda protexida e adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes

A conselleira avanza que o proxecto de Orzamentos da Xunta para 2026 contempla un incremento do 13 % na partida das axudas á adquisición de vivenda