A conselleira M. Allegue esixe ao Ministerio unha solución para os cooperativistas de Xuxán afectados polos créditos ICO

A conselleira M. Allegue esixe ao Ministerio unha solución para os cooperativistas de Xuxán afectados polos créditos ICO

Allegue reclama respostas ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana e cualifica a situación dos 250 cooperativistas de “insólita e inaceptable”

A conselleira insiste en que o Goberno galego “cooperará en todo o que estea nas súas mans” e urxe ao Instituto de Crédito Oficial a modificar as condicións de financiamento para a construción de vivendas destinadas a alugueiro, para que este tipo de actuacións non queden gravemente comprometidas

A titular de Vivenda confirma que hoxe mesmo remitirá unha nova carta ao ministerio pedindo información sobre por que “Galicia non recibiu nin un euro” dos 4.000M€ dos fondos europeos para a construción de vivenda pública en alugueiro xestionados polo ICO e solicita “ter as contas claras”