A conselleira María M. Allegue destaca a importancia do pulo ás técnicas industrializadas, que sitúa a empresas como arraigo na vangarda da innovación empresarial no sector residencial galego

A conselleira María M. Allegue destaca a importancia do pulo ás técnicas industrializadas, que sitúa a empresas como arraigo na vangarda da innovación empresarial no sector residencial galego

Esta visita enmárcase na aposta da Xunta pola aplicación das técnicas industrializadas como eixo crave para a innovación, a sostibilidade, a dixitalización, a trazabilidade no sector e como vía para aliviar a falta de man de obra especializada

A Xunta ten en marcha varias promocións con técnicas industrializadas en Navia (Vigo), Xuxán (A Coruña) e Mos, o que permite acelerar as obras e reducir os tempos na súa edificación

A través do Observatorio da Vivenda de Galicia, a Xunta conta cunha comisión técnica para incorporar paulatinamente sistemas de construción industrializada en Galicia, do que xurde o Plan director da construción industrializada que está a elaborar o Clúster da Construción