M. Allegue subliña que a un mes de cumprirse o ano de lexislatura estanse a acadar cifras récord en licitacións, con case 135M€ en materia de vivenda e preto de 76M€ en infraestruturas
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas agradeceu o compromiso ao sector da construción e alentoulle a implicarse no reto para duplicar o parque público residencial e a mellora das infraestruturas para seguir vertebrando Galicia
Destacou que a Xunta está a promover un plan de acción para potenciar o emprego de técnicas industrializadas na construción de vivendas
A conselleira deu conta das vindeiras actuacións previstas pola Xunta, con especial atención ao compromiso co concello da Coruña, a través da construción de obra pública en Xuxán, rehabilitacións e actuacións en infraestruturas, como a plataforma do Parrote ou as ampliacións de centros sanitarios, como o CHUAC