Avanzou a licitación este ano dun proxecto de conservación do firme das travesías autonómicas no concello de Ourense, con especial intensidade na estrada OU-413 (da subida ao Seminario) e cun orzamento global de 2,6M€
A conselleira destacou que a Xunta tamén ten actualmente en execución o eixo de mobilidade sostible que se está a conformar entre a estación intermodal e Expourense a través da Avenida das Caldas e do paseo do Barbaña
Salientou que os Orzamentos da Xunta reservan este ano unha partida de 41,38M€ para o municipio de Ourense, con actuacións previstas coma o viario de acceso ao CHUO desde a N-525, o último treito da circunvalación Leste ou a senda de Reza
Allegue lembrou que a Xunta vén transferindo ao Concello a titularidade de vías autonómicas ao remate das obras, como nos casos da avenida Otero Pedraio ou a rúa Marcelo Macías