A conselleira María M. Allegue destaca o compromiso da Xunta para brindar oportunidades de vivenda á mocidade

A conselleira María M. Allegue destaca o compromiso da Xunta para brindar oportunidades de vivenda á mocidade

Allegue salientou que só un 9,6% do orzamento para 2025 do Instituto Galego de Vivenda procede de fondos do Estado

Demandou ao Goberno maior compromiso coa vivenda, pois reduciu á metade a dotación da nova convocatoria do Bono Alugueiro Mozo, truncando as expectativas dos potenciais beneficiarios

 Puxo en valor o traballo da Xunta, que en 11 meses de lexislatura ten en marcha máis de 2.000 vivendas en Navia en Vigo; Valdecorvos en Pontevedra; Garabolos, en Lugo; Ourense; Santiago; Xuxán, na Coruña; O Bertón, en Ferrol

 Remarcou a aposta do Goberno galego pola mocidade, establecendo que o 40% das novas vivendas que se constrúan para alugueiro se destinarán aos mozos de ata 36 anos; e o 25% para a venda tamén se dirixirán aos máis novos

Avanzou a próxima adxudicación do proxecto do primeiro inmoble que acollerá en Santiago 60 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos e xa se traballa para estender a iniciativa a Vigo e Lugo