A conselleira María M. Allegue exixe que se garanta o carácter social das vivendas protexidas de Xuxán, na Coruña

A conselleira María M. Allegue exixe que se garanta o carácter social das vivendas protexidas de Xuxán, na Coruña

Allegue sinalou que a Xunta remitiu 4 cartas á ministra de Vivenda e Axenda Urbana para pedir explicacións sobre as modificacións no préstamo que o Ministerio conveniou co ICO e que obrigaría aos socios da cooperativa Galivivienda a aportar unha cota que desvirtuaría o carácter social das vivendas protexidas

Recordou que o Ministerio conta con 4.000 millóns de euros de fondos europeos e outros 2.000 millóns máis de fondos estatais para a promoción de vivenda protexida en réxime de alugueiro e “Galicia non recibiu nin un só euro”

Reiterou os prezos de alugueiro da vivenda protexida están taxados, concretamente para esta zona, 4,85€/m2