A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou esta tarde o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación da veciñanza afectada polos incendios
Informou aos veciños das axudas da Xunta en materia de vivenda, que no caso de ser habituais, poden acadar case 150.000€ para a súa reconstrución
Recordou que o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é necesario, e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos derivados desta situación