A Xunta abre a convocatoria da liña de avais para adquisición de vivenda, para a que destina 5 M€

A Xunta abre a convocatoria da liña de avais para adquisición de vivenda, para a que destina 5 M€

O Goberno galego avala os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda e, no caso de adquisición de vivenda protexida, non existe límite de idade para poder acceder aos avais

Tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia, o prazo de solicitudes arrancará o día 13 de marzo e prolongarase ata o 30 de outubro

Os avais sufragan o 20% do custe de adquisición das vivendas e axudan ás persoas que dispoñen de recursos para o pago da hipoteca, pero carecen dos aforros suficientes para a porcentaxe que non financian as entidades bancarias

Desde a primeira convocatoria no 2023, a Xunta concedeu 219 avais por máis de 4M€