Ademais do de Santiago, licitaranse por importe total de 6,4M€ os proxectos de urbanización para os ámbitos de Pontevedra (2.010 vivendas); Vigo (2.000); A Coruña (4.397); Lugo (1.265); Ourense (1.435) e Arteixo (160)
Allegue lembrou que estes 7 PIA cuxos proxectos de urbanización se licitan mañá xa contan con aprobación inicial e a Xunta tramita outros 6 nos concellos de Vigo, Vilagarcía, O Porriño, Marín, Ribadeo e Cangas
A previsión é licitar as obras de urbanización dos sete ámbitos no 2027
