O Goberno galego avalará ata un total de 5M€ os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda
No caso de adquisición de vivenda protexida, non existe límite de idade para poder acceder aos avais
A conselleira anunciou que esta cuarta convocatoria se publicará no Diario Oficial de Galicia o 5 de marzo e o prazo de solicitudes arrancará 8 días despois ata o 30 de outubro
Allegue destacou que os avais sufragan o 20% do custe de adquisición das vivendas e axudan ás persoas que dispoñen de recursos para o pago da hipoteca, pero carecen dos aforros suficientes para a porcentaxe que non financian as entidades bancarias
Desde a primeira convocatoria no 2023, a Xunta concedeu 219 avais por máis de 4M€
