A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras para a urbanización do PS-6, o sector autonómico das antigas instalacións da ETEA en Vigo

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e as obras iniciarase, previsiblemente, ao longo do mes de maio, cun prazo de execución estimado de 15 meses

A fin de dar prioridade á circulación non motorizada, o proxecto de urbanización optará por unha solución de plataforma única, diferenciada pola pavimentación

Fomentarase a conectividade peonil, a través da creación de corredores verdes que permitan conectar as distintas plataformas

O ámbito a urbanizar ten unha superficie de algo máis de 20.000 m²