A Xunta adxudica por máis de 7,8 M€ a construción de 38 novas vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo

A Xunta adxudica por máis de 7,8 M€ a construción de 38 novas vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten formalizado xa este contrato para construír un edificio de nova planta para destinalas a 38 vivendas protexidas, con prazas de garaxes e rochos

Das 38 vivendas, 20 serán de 3 dormitorios e 18 de 2 dormitorios

Ao investimento na execución desta promoción de vivendas engádense os 1,49 M€ de fondos autonómicos para a adquisición e urbanización dos terreos e aos traballos técnicos, superando o financiamento da Xunta o 80,4%  da construción das vivendas 

Un total de 755 vivendas de promoción pública xa se atopan en diversas fases de desenvolvemento en San Paio de Navia