A Xunta adxudica provisionalmente 40 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña

A Xunta adxudica provisionalmente 40 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña

O 40% destas vivendas adxudicáronse a menores de 36 anos e as rendas oscilarán entre os 95€ e 307€ mensuais

Trátase de vivendas de 2 a 4 dormitorios e con garaxes e rochos

Na construción deste edificio empréganse técnicas industrializadas, o que permite axilizar as obras e a posta dos fogares á disposición dos beneficiarios

Tras o sorteo, publicarase a lista provisional de adxudicatarios e abrirase un prazo de 10 días para reclamacións, e logo publicarase a listaxe definitiva

Na actualidade a Xunta xa ten 476 vivendas de promoción pública en distintas fases de tramitación e execución na cidade da Coruña