O ministerio negouse a incluír na orde do día a explicación ás comunidades autónomas das medidas anunciadas por Pedro Sánchez o pasado 13 de xaneiro, malia telo solicitado con antelación
O representante da Xunta demandou claridade respecto dos fondos europeos para mellora enerxética das vivendas e construción de vivenda protexida, sen obter resposta
A Xunta considera que os problemas deben acometerse cunha actuación conxunta e coordinada de todas as administracións, pero que a actitude do Goberno central non contribúe a logralo
Sobre o futuro Plan estatal de Vivenda, a Xunta foi unha das poucas comunidades autónomas que xa presentou en decembro as súas propostas e ofreceu poñelas a disposición do resto das CC AA