A Xunta anima en Monterrei a solicitar as axudas á rehabilitación de vivenda para persoas traballadoras co fin de contribuír á fixación de poboación no rural

A Xunta anima en Monterrei a solicitar as axudas á rehabilitación de vivenda para persoas traballadoras co fin de contribuír á fixación de poboación no rural

José González sinala que a bisbarra verinesa é unha das máis propicias para o desenvolvemento da nova orde por ter unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que cómpre —dixo— tomar medidas para facer fronte a este desequilibrio

Recorda que a iniciativa consta de dúas liñas: a primeira orientada a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda dirixida a concellos, con axudas máximas previstas de ata o 95 % do orzamento da rehabilitación

Fai fincapé en que as vivendas deben destinarse a persoas traballadoras, en réxime de alugueiro ou de cesión de uso, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e sempre nun municipio con menos de 20.000 habitantes

Refírese á orde como unha iniciativa sen precedentes, ao igual que a nova andaina do recentemente institucionalizado Diálogo Social en Galicia, dentro do que se está a avanzar na mellora do benestar laboral e na redución do impacto do absentismo