A Xunta anuncia a licitación da redacción do proxecto de interese autonómico no Porriño para  habilitar solo para 300 vivendas

A Xunta anuncia a licitación da redacción do proxecto de interese autonómico no Porriño para habilitar solo para 300 vivendas

O Goberno galego escolle un ámbito que da continuidade á trama urbana, aproveitando as dotacións próximas e os servizos públicos

Das 300 vivendas, 240 fogares contarán con protección autonómica

A Xunta ten previsto crear zonas verdes na contorna do río Cudeiro, impulsando un novo espazo de lecer de calidade para a veciñanza

O investimento na licitación ascende a máis de 210.000€ e poderán presentarse ofertas a partir do próximo luns