A Xunta apela no Carballiño á cobertura de vacantes e á fixación de poboación no rural a través das axudas á rehabilitación de vivendas para traballadores

A Xunta apela no Carballiño á cobertura de vacantes e á fixación de poboación no rural a través das axudas á rehabilitación de vivendas para traballadores

José González anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles —a primeira dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos— co gallo de dar unha nova vida á alta porcentaxe de vivendas baleiras na bisbarra

Con axudas máximas previstas de ata o 95 % do orzamento da rehabilitación, destaca que as vivendas deben destinarse a persoas traballadoras en réxime de alugueiro ou de cesión de uso, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo

Lembra que a convocatoria está orientada aos municipios de menos de 20.000 habitantes, tendo prioridade os de menos de 5.000, que son —segundo salientou— case todos os da comarca do Carballiño

Fai fincapé en que tamén se primarán as vivendas dirixidas a persoas que traballen en sectores estratéxicos, como o agraolimentario, o forestal ou o dos coidados