A Xunta aproba a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

A Xunta aproba a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

Rueda salienta que se destinarán 1,5 M€ a que concellos e empresas reformen inmobles en municipios de menos de 20.000 habitantes

Os beneficiarios deberán destinar durante polo menos 10 anos estas vivendas a aluguer o cesión a traballadores da contorna

Destaca que para garantir a cobertura de vacantes laborais botando man —cando sexa necesario— da atracción do talento exterior, valorarase que os inmobles sexan para persoas beneficiarias “do programa Retorna Cualifica Emprego ou das bolsas BEME para estudar un mestrado”

Ao puntuar as solicitudes teranse en conta tamén outras cuestións como que as persoas destinatarias finais traballen nun sector estratéxico, a distancia da vivenda co centro de traballo, a demografía do municipio ou a sostibilidade da rehabilitación