A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de San Amaro, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de San Amaro, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite ao alcalde deste municipio, Fernando Rodríguez Redondo

Esta ferramenta permitirá ao concello ourensán ofrecer capacidade de acollida residencial e económica

O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.040 habitantes, clasifica 62 núcleos rurais en 8 parroquias e cataloga 160 elementos do patrimonio cultural

A Xunta promove Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais para impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible