A Xunta asina co concello da Coruña a cesión de 4 parcelas e confirma que xa ten en marcha as licitacións das redaccións de proxectos para construír un cento de vivendas públicas, cun investimento autonómico de preto de 19 M€

Trátase dos proxectos para habilitar 58 VPP na parcela dos Rosais; 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada; e  30 máis nas dúas parcelas de Pedro Fernández

Allegue engadiu as 104 vivendas en marcha no barrio do Xuxán, nas que o Goberno galego leva investido 23,4M€

A Xunta tamén está a impulsar o desenvolvemento de solo residencial na Coruña, concretamente no ámbito de Monte Mero, para 4.310 vivendas, o 80% delas protexidas

Tamén está acordada a cesión de parcelas cos concellos de Pontevedra, Lugo, Teo, Lalín e A Estrada para habilitar novas promocións e progresan as xestións con outros municipios

A Xunta avanza no reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura, pois o obxectivo é ter 4.000 máis en 2028 e xa hai máis 2.200 en diferentes fases de execución