A Xunta asina co concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas, cun investimento estimado de 8,8M€

A Xunta asina co concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas, cun investimento estimado de 8,8M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación da redacción do proxecto, dirección e obras e a presentación de ofertas rematará o 12 de maio

O prego de condicións inclúe o uso obrigatorio das técnicas industrializadas na construción, un sistema polo que aposta a Xunta ao permitir axilizar os traballos

Nestas vivendas empregaranse as técnicas industrializadas na estrutura, na fachada e nos elementos singulares, como baños ou núcleos de escaleiras e ascensores

Allegue lembrou que esta cesión de solo por parte do Concello se suma á outra parcela cedida para edificar 26 vivendas nas Galanas, cuxo proxecto xa está redactado e en breve se licitarán as obras