A Xunta autoriza a adxudicación da redacción dos proxectos para a construción de 101 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia (Vigo)

A Xunta autoriza a adxudicación da redacción dos proxectos para a construción de 101 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia (Vigo)

O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación de dous contratos por importe de máis de 930.000 euros

Construiranse 75 vivendas nas parcelas M-IIIB-3 e M-IIIB-4 e 26 vivendas na parcela M-IIIB-14