A Xunta autoriza a nova convocatoria do Bono alugueiro mocidade dotada cun orzamento de preto de 13 M€ durante dous anos

A Xunta autoriza a nova convocatoria do Bono alugueiro mocidade dotada cun orzamento de preto de 13 M€ durante dous anos

Rueda explica que o prazo para solicitar esta achega de 250 € ao mes abrirase o vindeiro día 28 de febreiro e estenderase ata o 28 de marzo

Ademais de ser menor de 36 anos no momento de pedila, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha fonte regular de ingresos e acreditar que estes non superan 3 veces o IPREM

A Xunta lamenta a tardanza na transferencia estatal do crédito desta convocatoria, que ademais é insuficiente, tendo en conta que se corresponde coa metade do asignado en 2022, é dicir, tan só 5,7 M€ cada exercicio

A  liberación dos novos fondos fai posible que a Xunta lance agora esta convocatoria de axudas, con 11,4 M€ que corresponden á nova achega estatal, e complementa estes fondos a Xunta coa achega de algo máis de 1,5 M€