O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111
A Xunta cofinanciará nun 70% as obras, cun investimento de case 363.000€ e contratará e executará os traballos; e o Concello achegará o 30% restante, 155.517€
Esta intervención forma parte do Plan Hurbe, un programa da Xunta que apoia ás administracións locais para acometer intervencións urbanísticas, de xeito especial humanizacións e mellora de espazos e equipamentos públicos