A Xunta colabora co Concello de Toques na rehabilitación da Escola unitaria da Cabana para vivenda accesible e no acondicionamento do entorno da Igrexa de San Martiño de Oleiros

A Xunta colabora co Concello de Toques na rehabilitación da Escola unitaria da Cabana para vivenda accesible e no acondicionamento do entorno da Igrexa de San Martiño de Oleiros

O Goberno galego financia estas intervencións cun préstamo total de 140.000€ do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

Este préstamo, sen xuros e a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7M€

Con esta medida, o departamento que dirixe María M. Allegue presta apoio aos municipios con menos poboación para levar a cabo a conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles