Allegue subliña que o PIA de San Mauro permitirá crear “un novo barrio que albergará ao redor de 4.000 persoas” nas 2.010 vivendas previstas, o 80% protexidas
O ámbito abrangue ao redor de 21 hectáreas, que a Xunta urbanizará a través dunha estratexia urbana, ecolóxica e ambiental que terá coma eixo principal de ordenación o regato da Ponte do Couto
Está prevista a plantación ou conservación de 2.300 árbores e a dotación de máis de 3.000 prazas de aparcamento
