A Xunta concede 1 M€ en axudas a 55 concellos para 67 actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios e outros elementos patrimoniais municipais

A Xunta concede 1 M€ en axudas a 55 concellos para 67 actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios e outros elementos patrimoniais municipais

Ángeles Vázquez salienta que estas achegas, que contan cunha elevada demanda, permitirán estender o fermosismo a máis localidades e vilas de Galicia

A conselleira subliña que a tramitación dos mesmos apoios destinados a particulares está na fase final e que se resolverá proximamente

O Concello de Dozón beneficiarase este ano de dúas axudas que suman máis de 36.000 euros para a mellora dun local social e dun lavadoiro, unhas actuacións semellantes a outras que realizou en 2023 tamén co apoio do Executivo galego