A Administración autonómica concedeu unha achega de 160.000€ para a construción das 16 vivendas protexidas, cuxas obras en execución visitou a conselleira
No marco desta liña de axudas, a Xunta outorgou outra achega de 920.000€ para crear outras 92 vivendas protexidas neste concello
En total, como indicou a conselleira, foron concedidas no ano 2025 axudas por un importe de 4M€, que permitirán a construción de 400 vivendas protexidas en Galicia
Allegue subliña esta liña de achegas no marco da colaboración co sector para acadar máis vivenda protexida co fin de dar resposta á demanda actual
A conselleira lembrou a demanda da Xunta para incluír esta medida, agora financiada con fondos autonómicos, no Plan Estatal de Vivenda, aínda pendente de aprobación
