A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral

A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral

José González apela a ir implantando melloras para reducir o impacto do absentismo como a nova Estratexia de Benestar Laboral, no marco do Diálogo Social que se vén de institucionalizar e do proceso de deseño do plan integral anunciado polo presidente

Dentro dese proceso, avanza que a próxima semana se constituirán tamén as mesas e grupos de traballo do Diálogo Social que abordarán materias como o absentismo e o benestar laboral ou a prevención de riscos laborais e a redución da sinistralidade

Destaca que a vindeira semana tamén se publicará no DOG a primeira orde autonómica que —cun orzamento inicial de 1,5 M€— promoverá a rehabilitación de vivendas para persoas traballadoras en concellos de menos de 20.000 habitantes

Todo nun contexto marcado, segundo o conselleiro, pola “boa evolución do mercado laboral galego cara á creación de emprego de calidade”, tras rexistrar o abril máis baixo da serie histórica en canto ao paro e o máis alto en afiliacións á Seguridade Social