O Goberno galego destina 8,6 M€ ao fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, que se convoca por segundo ano
O fondo para financiar obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en municipios de menos de 50.000 habitantes conta cunha dotación de algo máis de 3 M€ para este ano
Tras a publicación de ambas convocatorias hoxe no Diario Oficial de Galicia, os concellos poderán solicitar estes préstamos desde o 6 de abril ata o 15 de outubro
Allegue subliña “o traballo conxunto e colaboración entre administracións” para facilitar actuacións en beneficio da cidadanía e destacou que o pasado 2025 se concederon préstamos destes fondos a 15 concellos por máis de 5 M€
