A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

Ángeles Vázquez destaca o incremento da dotación reservada a esta liña en 2026, que duplica o orzamento deste ano e co que prevé chegar a máis de 700 cidadáns

O prazo de solicitude abrirase a partir do 16 de xaneiro e os interesados poderán optar a achegas de ata 3.000 € para intervir sobre fachadas, cubertas e muros

Será o sexto ano consecutivo que a Xunta aposte polos incentivos ao fermosismo, con preto de 7 M€ concedidos en axudas no período 2021-2025 para a execución de 2.518 actuacións en inmobles localizados nun total de 279 municipios galegos