A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de interese autonómico do Monte Mero na Coruña, coa previsión de urbanizar solo para máis de 4.000 vivendas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de analizar en profundidade cuestións como o ruído, a mobilidade na contorna ou as necesidades de abastecemento e saneamento

O ámbito de actuación do PIA, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, abrangue un espazo de 40 hectáreas de extensión entre o barrio de Xuxán, a futura Cidade das TIC e as áreas de Montserrat e Pedralonga